CulturaMúsicaÚltima hora

VII Vilarock, o 1 de agosto en Vilanova (O Barco)

Cinco grupos de rock actuarán mañá na VII edición do festival
Un dos concertos da pasada edición do Vilarock/Foto: Carlos G. Hervella
Un dos concertos da pasada edición do Vilarock/Foto: Carlos G. Hervella

Mañá, venres día 1 de agosto, a localidade de Vilanova (O Barco de Valdeorras) acollerá unha nova edición do Vilarock. A partires das 23h, comezará unha nova edición do festival de rock que con menos de dez anos de historia xa gañou un espazo no panorama estival galego, e que nesta ocasión contará con cinco bandas españolas contratadas pola Asociación Cultural Vilarock, tres galegas, unha asturiana e outra leonesa.

Como cabeza de cartel, Belo y los Susodichos (Asturias), teloneiros de Melendi e Marea e nominados aos Grammy Latinos, veñen con disco novo no peto. Tamén traen disco os pontevedreses Malkeda (Pontevedra); Calle del Ruído (tamén de Pontevedra aínda que o batería é do Barco); e Mala Komunikación (El Bierzo), os únicos que repiten en Vilanova. O programa complétano os barquenses Jocker.

O festival mantense na mesma liña das anteriores edicións e seguirá sendo de balde, con servizo de bebida e comida. Coma sempre o sorteo da “porquiña” (mascota do festival), farase no descanso dos concertos que se estenderán ata altas horas da madrugada.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button