Concellos

VII Xornadas do porco celta, o 11 e 12 de xaneiro en Manzaneda

O programa incluirá unha mostra cunha vintena de postos de artesanía e gastronomía no pavillón polideportivo
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Seguindo o mesmo esquema das anteriores edicións, os días 11 e 12 de xaneiro celebrarase en Manzaneda as VII Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta e Feira de Mostras e Artesanía, no pavillón do colexio e nos establecementos hostaleiros do pobo: O Pendón e Nevada.

A parva (contundente almorzo a base de embutidos, doces, viño e licores) será a que marque a inauguración das xornadas en torno ás 11h. do sábado día 11. Nese momento abrirase oficialmente a mostra cunha vintena de postos de artesanía e gastronomía do pobo e doutros puntos de Galicia. Media hora máis tarde, procederase á tradicional matanza do porco celta que posteriormente será subastado.

En torno ás 14h. chegará o apartado gastronómico das xornadas, con degustación dun completo cocido elaborado con carne de porco celta (chourizo, androlla, lacón…), verdura, garbanzos, sopa e postre, nos dous establecementos do pobo, previa reserva e por 25 euros o menú.

Pola tarde, en torno ás 19h. haberá unha charla a cargo de técnicos de Asoporcel (Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta) e Inorde que achegarán as últimas novidades sobre a raza autóctona. E xa en torno ás 20h. pecharase a mostra que contará coa exhibición en directo de dous artesáns (aínda sen concretar).
A feira habrirá de novo as portas o domingo día 12 de xaneiro pola mañá.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button