Deportes

Vitorias con autoridade

Iván F. e Xiana C. do CC Maceda, líderes no ranking galego de ciclocross

XianaenBoiro

Decembro foi un mes moi intenso para o CC Maceda que comezaba participando nas probas do calendario galego de ciclocross desputadas en Boiro e Mosende (O Porriño). Na primeira, o ciclista macedán Iván Feijóo que conta as súas participacións en probas galegas por vitorias, vencía con autoridade en cadetes, nunha carreira que xa dominaba dende a segunda volta. Xiana Conde pola súa banda, impoñíase en júniors sendo 3ª na xeral absoluta de féminas.

Ao día seguinte, Iván e Xiana volvían gañar nas súas respectivas categorías na XXXVII edición do Trofeo Horacio Barros, proba coñecida como a “catedral do ciclocross galego” celebrada na localidade porriñesa de Mosende.

Unha semana máis tarde, o 14 de decembro tocáballe o turno ao VI Ciclocross Castelo de Maceda, outra proba do calendario galego, organizada polo propio club ciclista que contou con case 150 participantes chegados de Galicia, Asturias, Zamora e Portugal. Os vencedores absolutos da proba foron Paulo González (CC Salvaterra) e Chus Barros (CC Spol), aínda que tamén tiveron unha actuación destacada os membros do club anfitrión que conseguían ata 5 podios, destacando as vitorias de Xiana Conde en júniors e Iván Feijóo en cadetes.

“Tanto Xiana como Iván refrendaban así a boa tempada que están a realizar, afianzándose como líderes do ranking galego de ciclocross nas súas respectivas categorías” explican dende o club. Na proba destacaron tamén os resultados de Román Saa, terceiro en cadetes, Raúl González segundo en júniors e José Manuel González terceiro en master 50. Saúl López quedaba ás portas do podio en sub 23.

Texto: O Sil/Redacción Ourense

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button