EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Xornada sobre o potencial dos lévedos nos viños galegos, no Barco

Tiña lugar na mañá do 10 de xullo no salón de actos do edificio multiusos e foi organizada pola Evega

Con case medio cento de participantes desenvolvíase no Barco a xornada “Potencial dos lévedos e os seus bioprodutos como axentes diferenciadores para os viños galegos”. Tiña como escenario o salón de actos do edificio multiusos do Barco e incluía seis ponencias e unha mesa redonda final na que se debateu sobre cuestións como o uso de levaduras comerciais e levaduras naturais e sobre experiencias na implantación da levadura en adega.

O acto de clausura tiña lugar ao redor das dúas da tarde coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García, do presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Xosé Luis García Pando, e do secretario da delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense, entre outras autoridades.

Esta xornada, organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), enmárcase nos actos previos á celebración da XVII Feira do Viño de Valdeorras no Barco, prevista para a fin de semana do 12 e 13 de xullo na praza de Andrés de Prada.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close