ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

XVIII Festa das Covas de Vilamartín

Medio cento de adegas abrirán as portas hoxe, 2 de agosto, a partires das 20:30h

Na noite-noite do 1 de agosto, véspera da Festa das Covas, os adegueiros de Vilamartín desfrutaron da súa propia ruta cunha festa na que houbo brindes, pinchos e tamén unha emotiva e especial homenaxe a tres coveiros: Ruperto Rodríguez Ferrer, Esperanza Macías Ledo e Manola Prieto Feás, que recibiron placas e ramos de flores. Como vén sendo habitual, a cita foi na zona de Cerdeirais como previa á multitudinaria xuntanza en torno ás covas.

E hoxe 2 de agosto a partires das oito e media da tarde medio cento de covas abrirán as súas portas. Cunca en man, cada un dos participantes poderá acceder ao interior das adegas para degustar os seus viños artesáns (brancos e tintos), acompañados por unha gran variedade de pinchos salgados (entre os que haberá empanadas, embutidos ibéricos e queixo), pero tamén doces, como é o caso do biscoito.

Ao redor da medianoite as adegas pecharán as portas e a celebración mudará de escenario e a música cobrará protagonismo da man da orquestra Fénix.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button