Un ano máis, a asociación cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco de Valdeorras) organizaba a cea para celebrar o Xoves de Comadres (23 de febreiro) á que asistiron preto de vintecinco persoas. Se o ano pasado a cita, só para mulleres, tiña lugar no Asador de Viloira, nesta ocasión era a Casa Galaica onde deron conta do menú das Xornadas Gastronómicas do Entroido, organizadas polo CCA O Barco, Aeva e o Concello do Barco.

Ataviadas con orixinais e elaborados disfraces (traxes de época, de hippies, de pallasos, de corsarios,…) as mulleres festexaban así o comezo do Entroido en Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver