Cada Sábado de Entroido os veciños de Fradelo (Viana do Bolo) reúnense en torno á mesa para celebrar a Festa do Xato. O prato estrela é a tenreira asada. Desta volta ademais, xa na sobremesa o Folión de Fradelo facía unha homenaxe moi especial a dous dos seus membros, que recibían unha placa honorífica: Martín de Ardexaxe e Ricarda, que se reincorporaba este ano ao folión.

Pola tardiña chegaba a Fradelo os folións dos Labregos (Trives) e de Carracedo da Serra, xunto co deste pobo vianés, iniciaban unha ronda alumados polos fachóns.

Fotos: Carlos G. Hervella e Folión de Fradelo