A candidata á Xunta de Ciudadanos participou en Ourense nun encontro electoral en feminino no que compartiu escenario con integrantes nacionais do partido

“Hoxe vimos aquí, ás portas da Deputación de Ourense, para dicirlle a Feijóo que cando necesite os escaños de Ciudadanos para gobernar, vai ter que dicirlle a Baltar que vaia para a casa”. Así de rotunda irrumpiu Cristina Losada na tarde do martes 20 de setembro na praza Eugenio Montes da cidade das Burgas. A candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta participou nun encontro electoral en feminino onde compartiu escenario con outras integrantes da formación laranxa a nivel nacional, como Begoña Villacís, Marta Rivera, Melisa Rodríguez e Pilar Vicente.

Losada e Villacís, con Vázquez en segundo plano, ofreceron declaracións aos medios antes do acto electoral.

Losada e Villacís, con Vázquez en segundo plano, ofreceron declaracións aos medios antes do acto electoral.

A de Ciudadanos mostrouse contundente coa figura do presidente da Deputación de Ourense, ao que lle pediu o abandono do cargo na institución “porque está imputado por un delito de suborno e iso nos parece inaceptable”.

Por outra banda, tamén fixo balance do que vai de campaña electoral. “Estamos crecendo, sentimos o afecto e o aprezo dos cidadáns de Galicia alí por onde vamos e estamos seguros de que imos entrar no Parlamento galego”, polo que entende que o seu partido será “determinante” para a formación do próximo goberno galego.

Un momento do evento no que interviña a candidata de Ciudadanos á Xunta, Cristina Losada.

Un momento do evento no que interviña a candidata de Ciudadanos á Xunta, Cristina Losada.

O cabeza de lista pola provincia de Ourense, Carlos Vázquez, tamén estivo presente no evento, aínda que lle tocou ceder protagonismo “ás mulleres Ciudadanas”.

Texto e fotos: Sara Fontenla