Boteiros, Mázcaras, Peliqueiros, Parranfóns, Vacas, folións e, por suposto, Volantes e Maragatos. Cunha concentración de manifestacións carnavalescas do sureste da provincia de Ourense arrancaba o Entroido Ribeirao (Chantada, Lugo).

Esta celebración, que só se conserva nestes momentos en Santiago de Arriba conta cun calendario con catro citas de referencia. A primeira delas é a do Domingo Lambedoiro, que tiña lugar o 12 de febreiro.

Os actos comezaban ás 12h. cun pasarrúas por Chantada con saída dende a praza Santa Ana e na que participaban, ademais de Volantes e Maragatos, folións de Viana do Bolo, da Asociación Xuntos polo Fulión Vilariño de Conso e da Mourela p’acá (Manzaneda), ademais do Entroido de Campobecerros cos seus Peliqueiros e Parranfóns e coa Vaca.

Xa a partires das catro da tarde, celebrábase o Entroido Ribeirao en Santiago de Arriba, tamén coa participación dos Entroidos ourensáns convidados.

Fotos: Maribel Gago Montesinos