Centos de persoas participaban no mediodía do 14 de setembro na procesión do Cristo no Barco. A comitiva relixiosa partía da igrexa de San  Mauro ás 12h., precedida polas Calantornias e polos Cabezudos e polas marchas procesionais do grupo tradicional Os Pamplinas.

De seguido, ía a imaxe do Nazareno, acompañada polos cofrades, despois, a Banda de Música de Celanova. Este ano a procesión mudaba o seu precorrido con respecto ao 2016 e, tras baixar pola rúa Escura e subir pola Real ata Doutor Pérez Lista, iniciaba o camiño de regreso por Marcelino Suárez ata a praza Maior onde se celebraba a misa.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Máis información sobre as Festas do Cristo no especial en papel do Periódico O Sil