A imaxe de Cristo resucitado sae da igrexa de Santo Estevo seguida polos homes, comezando así a última procesión da Semana Santa na Rúa Vella. Despois dun curto percorrido a comitiva chega ao adro da igrexa para encontrarse coa imaxe da Virxe seguida polas mulleres.

Aí, mentres os homes manteñen a imaxe de Cristo en alto, as mulleres cambian o manto negro da Virxe polo dourado, para celebrar o encontro co seu fillo resucitado, ao tempo que un grupo de nenas lle recitan uns poemas.

Despois, todos xuntos regresan ao interior da igrexa para celebrar a misa de Resurrección, o acto que no mediodía do Domingo de Pascua, 1 de abril, poñía o broche á Semana Santa na parroquia ruesa de Santo Estevo.

Fotos: Mónica G. Bellver.