A líder do Bloque fai responsables a Sánchez e a Iglesias “de ter resucitado a Rajoy cando estaba derrotado nas urnas” e pide o voto por “unha coalición coa dignidade”

A Alameda do Concello de Ourense encheuse na noite do 20 de setembro de bandeiras nacionalistas. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) concentrou alí a boa parte dos seus para pedir o voto a escasas 70 horas do peche da campaña electoral. Alí brillou tamén Ana Pontón, a candidata do BNG á Xunta de Galicia, onde asegurou que a súa formación “non vai regalarlle unha vida extra a Feijóo como fixeron Sánchez e Iglesias”, a quenes responsabiliza “de ter resucitado a Rajoy cando estaba derrotado nas urnas”. Ante este escenario, a nacionalista pediu o voto para acadar unha “coalición coa dignidade”.

ntervención da candidata nacionalista á presidencia da Xunta, Ana Pontón.

ntervención da candidata nacionalista á presidencia da Xunta, Ana Pontón.

A música en directo tamén acaparou boa parte do mitin do Bloque. O músico e cantante Roberto Sobrado actuou como teloneiro de Suso Vilasánchez (número 2 da lista ourensá) e de Tereixa Paz, deputada nacionalista. Tamén un grupo de gaiteiros animaba a entrada dos candidatos, entre os que estiveron Noa Presas, cabeza de lista pola provincia de Ourense, e Ana Pontón, candidata á Xunta.

Tareixa Paz, Ana Pontón, Noa Presas, Jesús Vilasánchez e Diego Lourenzo, ao inicio do mitin en Ourense.

Tareixa Paz, Ana Pontón, Noa Presas, Jesús Vilasánchez e Diego Lourenzo, ao inicio do mitin en Ourense.

No ámbito das intervencións, polo estrado pasou en primeiro lugar Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, que pediu o voto ao BNG para “botar ao PP” e “como garantía de cambio”. Así, puxo como aval a xestión dos concellos nos que o Bloque ten presenza. Continuou Vilasánchez, que puxo o aceno no “ataque” propiciado contra a sanidade pública, segundo el, polo goberno popular. Fixo un percorrido por problemas como a falta de profesionais ou o peche de centros e hospitais e rematou tamén pedindo o voto como “mellor antibiótico” para o que non dubidou en calificar como unha “peste”.

Paz iniciaba a segunda parte dos discursos, tras outro parón musical. A deputada nacionalista inicidiu na perda de poboación da provincia e noutros problemas que afectan de preto a esta parte de Galicia como a falta de emprego ou a perda de autónomos. Neste contexto, apelou aos seus a “botar fóra as políticas do Partido Popular se queremos ter futuro”.

Noa Presas, cabeza de lista do BNG pola provincia, intervindo noutro dos momentos do acto.

Noa Presas, cabeza de lista do BNG pola provincia, intervindo noutro dos momentos do acto.

Presas, pola súa banda, fixo referencia ao labor dos históricos nos últimos 40 anos, así como palabras de agradecemento cara os seus antecesores. Afirmou que o nacionalismo “é o antídoto contra o caciquismo de Baltar na provincia” e pediu a confianza dos votantes “porque temos un proxecto para este país”. Tamén lembrou que, “por riba dos erros, temos a lealdade”.

Pontón pechaba un acto que concentrou a decenas de persoas na Alameda. Alí criticou o “turismo electoral” realizado polos líderes nacionais doutros partidos e mesmo ironizou cunha posible suba do PIB a raíz disto. Por último, afirmou que Baltar “é a Rita Barberá” de Feijóo e instou ao popular a pedirlle a dimisión ao presidente da Deputación.

Texto: Sara Fontenla
Fotos: Carlos G. Hervella